Condicións xerais
SERVIZOS OFERTADOS:
- Estimulación acuática 0-3
- Natación infantil 3-4
- Natación terapéutica.
- Natación para
MATRÍCULA.
A reserva de praza para o curso require abonar un importe de 35€ por cada usuario en concepto de MATRÍCULA. Este importe non é reembolsable nin se descontará das cotas mensuais do curso. A praza non se considerará garantida ata o pagamento da matrícula.
Chegado o inicio das clases no mes de setembro, dará comezo o pago das correspondentes cotas mensuais, o impago dunha mensualidade implicará a perda da praza reservada e a baixa do curso.
En caso de baixa, a praza quedará a disposición do novo alumnado e será necesario renovar a matrícula aboando de novo o importe para poder incorporase novamente ó curso.
Tanto a matrícula como a praza son persoais e intransferibles.
PAGO DAS MENSUALIDADES
A cota mensual do curso ascenderá a 70€/mes por cada alumno. En caso de ser dous ou máis irmáns inscritos a cota sería de 60€/mes polo segundo irmán e consecutivos. A Escola Acuática Lucus Baby, S.L. comprométese a non elevala durante o curso, agás causa de forza maior.
O pago das mensualidades pode efectuarse na propia Escola, en efectivo ou con tarxeta ou por transferencia bancaria no seguinte número de conta ES67 0182 0625 8302 0176 2751 compartindo a través de whatsapp ou email o xustificante do ingreso.
As mensualidades abonaranse entre a última semana do mes anterior e o dia 7 do mes a pagar.
As cotas corresponden ó mes natural, independentemente das festividades que coincidan nel. Non existe a posibilidade de pago proporcional por días de asistencia, nin no caso de producirse a alta unha vez iniciado o mes.
As clases ás que non se asistiron (xustificadas ou sen xustificar) non hai posibilidade de recuperalas. A falta de pago da cota supón a baixa sen dereito a ningún reembolso.
SESIÓNS INDIVIDUAIS/NATACIÓN TERAPÉUTICA. Abonaranse ó final do mes segundo as sesións desfrutadas. O usuario comprométese a non faltar á súa sesión salvo causas xustificadas. Se reiteradamente se falta sen avisar, a sesión darase por dada e terá que abonarse o importe da mesma.
TIPOS DE FORMAS DE PAGO DAS MENSUALIDADES E BONOS
As mensualidades pódense pagar de 4 maneiras:
- Mensualmente: 70€/mes.
- Cuatrimestralmente (setembro a decembro): 260€.
- Trimestralmente (outubro a decembro), (xaneiro a marzo) e (abril a xuño): 195€.
- Anual: 625 (dispoñible ata o 10 de setembro)
Tamén ofrecemos bonos de sesións soltas que se poderán desfrutar ata o 30 de xuño.
- 1 sesión: 30€
- 5 sesións: 145€
Os bonos non son reembolsables.
SESIÓNS DE BAÑO LIBRE SÁBADOS 13:15. 25€ (BEBE+ADULTO) + 5€ A MAIORES POR OUTRO MEMBRO DA FAMILIA. Estas sesións haberá que anotarse e pagalas por anticipado o mércores e non serán reembolsables no caso de non acudir á mesma.
DURACIÓN DO CURSO
Do 1 de setembro do 2026 ata o 30 de xuño do 2027.
OS FESTIVOS E DÍAS PECHADOS non haberá actividade nin serán recuperables.
Ademáis dos festivos locais, autonómicos e nacionais, o próximo curso, a Escola permanecerá pechada o 7, 24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro e o 27 de marzo (sábado Semana Santa).
BAIXAS
As baixas comunicaranse a través de WhatsApp 659 905 170 ou ó personal de recepción antes do 25 do mes anterior a cursar a baixa. No caso de ausencia da comunicación terán que aboarse as cotas pendentes.
A Escola Acuática Lucus Baby resérvase o dereito de dar de baixa a todo usuario que non abone as cotas nin informe da falta de asistencia continuada.
GRUPOS
- Grupos de menores de 3 anos acompañados: máximo 12 familias por grupo e un profesor/a da Escola acompañando a sesión. Só pode entrar na sesión un adulto por menor.
- Grupos de 3-4 anos acompañados: máximo 10 familias por grupo e un profesor/a da Escola acompañando a sesión. Só pode entrar na sesión un adulto por menor.
- Grupos de 3-4 anos non acompañados: máximo de 12 nenos/as e dous profesores/as dentro da auga.
- Natación terapéutica: acompañadas por un ou dous profesores segundo o grado de atención que requira o usuario, máximo 4 usuarios.
Para a apertura de novo grupo de estimulación acuática para menores de 3 anos será preciso un mínimo de 7 familias. No caso de ser preciso pechar un grupo por non acadar o mínimo de familias, farase o posible por reubicalas noutro grupo ou devolverase a parte proporcional da cota pagada.
RECOMENDACIÓNS
- Obrigatorio o uso de gorro e chanclas para todos os usuarios, no caso dos nenos/as recomendamos o uso de chanclas que poidan quitar e poñer por eles mesmos.
- Obrigatorio o uso de pañal acuático ou bañador evolutivo nos menores que non teñan control de esfínteres.
- Prégase puntualidade ó comezo de cada sesión. O acceso á instalación será 10 minutos antes da sesión e a saída 15 minutos despois do remate da mesma. Esta indicación é importante para non colapsar o vestiario. A ROUPA/TOALLAS SEMPRE SE DEIXARÁ NAS TAQUILLAS OU DEBAIXO DOS BANCOS, nunca nos cambiadores ou encima das camiñas.
- No espazo das camiñas teñen prioridade de uso os usuarios con mobilidade reducida ou necesidades especiais. Obrigatorio deixar camiñas e cambiadores libres, depositando as pertenzas persoais nunha taquilla.
- Os carros poden meterse no vestiario, será o persoal de recepción o que valore a súa ubicación.
- Non recomendamos os calcetíns antideslizantes, pois restan sensibilidade nos pés.
- Recomendamos o uso de gafas, non son obrigatorias.
- Recomendamos bañadores fáciles de subir e baixar con autonomía.
- Importante ir ó baño antes de entrar na auga.
- Revisar as taquillas e nas zonas de vestiario utilizadas para non deixar olvidados os obxectos persoais, roupa, etc.